sábado, 19 de mayo de 2012

Os meus cantares.

Non me podo crer os grandes cambios que suceden nun tempo tan relativo. O que consideramos innovador e inigualable, existiu xa en tódalas súas variantes. Sorprendentemente, coma todo nesta vida. Algunha vez escoitáchedes falar dos calafríos? A min recórdanme ás harmónicas. Gostaríame moito saber tocar unha. Sería emocionante, e nada novo, aínda que nunca antes o fixera. Outra cousa tamén sorprendente é o que damos por feito, eso que chaman pensamento lateral (ou algo parecido). Nada é obvio e todo o é ó mesmo tempo. Acordeón! Iso si que estaría ben saber tocalo. Teño un amor que sabe. Encántame, tamén cando me sorprende e cando non o fai. Ante todo, teño que describir o meu énfase. Estou escribindo en galego. E non é calquer escrito. O meu primeiro. Que bonito! Pero bueno, ante todo, terei que falar, escribir ou describir algo que non sexa moi importante. Aínda non sei como sentirme, despois de todo soamente quero ser eu mesma. Ultimamente descubrín que xa o son, de todas as formas posibles, máxica e fantasticamente. De forma máis que interesante, non é nada innovador. Nin é a primeira vez que falo galego, nin (é un segredo) que o describo ou escribo. Pero necesito marcar un comezo para darme algo de valor, que senón isto sería moi aburrido. Antes de nada, hei de afirmar que non creo que vaia a facer algo de importancia internacional. A nin ser, claro, que algunha das miñas sectas cheguen lonxe. Existe algo perfecto? Non o dudo, obviamente, non. Despois de todo, a novidade é ó feito de ser imperfecto. Modas, malditas modas. Xamáis entenderei por que o colectivo se deixa levar por esas tonterías capitalistas e consumistas. Loitar, eso é o que hai que facer. Divertirse, a vida é demasiado bela e corta para deixala pasar mirando ó chan. Eses non son máis que reflexos, espellos sen valor que non aportan máis que copias. Un estudo di que o noso cerebro fai que nos vexamos máis guapos ó reflexarnos do que en realidade somos. Hai tantas posibilidades, tantas cousas que ver, que descubrir, que aprender, que experimentar. Logo se cre que o coñecemento é infinito, pero en realidade non existe tal saber. Calor. Iso é o que nos falta, o que nos sobra, o que nos da a vida, o que nola quita. É curioso, síntome como unha nena pequena á vez que me vexo dende outra perspectiva, unha nova e incrible visión. Non innovadora! Bolboreta, adoro esta palabra. É tan... indescriptible, ironicamente. Necesito máis cultura. A miña é moi pouca, case nula; e encántame a información, e as curiosidades. Son interesantes, como vitrinas ultra-cuidadas na mente. Despois están as caixas sen valor que se encerran baixo candado, nunha caixa forte, destruíndo despois a única chave que a poda abrir. A xente habitúa chamarme loca, pois ben, sabedes o que gardo eu nese trasteiro tenebroso? A cordura, o medo, a inseguridade e todo o estúpido. Sen embargo, o aburrimento e a tristeza son os dous guardiáns que me impiden acordarme do que poseo. Esta conversa nunca tivo lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario