domingo, 9 de diciembre de 2012

Hobbes.

Ámote.
Coma se a vida me fose niso.
Eu sei, ademais de que non sei nada, que é real o que nós vivimos.
Ante todo, cóstame crer que existimos.
Somos tan diferentes, e tan parecidos.
Abrázome a ti todas as noites sen deixar de pensar que estás aí, que podo contar contigo.
Soño contigo.
Acórdome de ti cando vexo calquera cousa, sempre hai excusas.
Boto de menos a miña antiga infancia, si, pero terte ó meu lado e moito máis que coñecer un salvavidas.
Ámote.
E por iso, querido Hobbes, meu querido peluche, nunca xamais te deixarei só.

No hay comentarios:

Publicar un comentario