viernes, 29 de junio de 2012

Sabela.

Sabela espertou a mañá seguinte sen saber onde estaba. Case un par de segundos despois recordouno á perfeción. Na súa casa perfecta, nas súas sábanas perfectas, na súa postura perfecta, na súa vida perfecta. E dentro da súa perfección, a súa cabeza era un baúl roído e desordenado polo tempo; perdera a chave había anos. Esa mañá apetecíalle ler un conto ós rapaces da gardería. Así que foi o que fixo nada máis chegou. Os rapaces prestábanlle atención só polo cor das súas unllas, as das mans amarelas, e as dos pes, laranxas. Alí estaban todos descalzos, entre coxíns, acomodados, e nun ambiente máis que familiar.


-Deixade que vos conte a fermosa historia de dous irmáns, unha rapaza-sinalou ás rapazas unha por unha, para facelas participar-e un rapaz-repetiu o xesto cos rapaces.-Vivían sós, no río. Non recordaban ós seus pais. Tiñan unha incrible imaxinación-de pronto, mentres Sabela xesticulaba, de fondo comezaron a soar os Beatles e todo o seu álbum; os rapaces comezaron a sorrir, contaxiándose do esprito construtor. Por agora estaban todos atentos, agarrados ós coxíns nos que se sentaban ou tumbaban; os ollos de cada un deles eran fermosos, e cada sorrisa, inconfundible.-Estes dous, aburríronse tanto unha vez, que fixeron espadas de paus! Estaban todo o día entrenando. Eran moi listos e aprendían rápido. Un día, ó mencer, mentres bostezaban, un fermoso avión.-e aquí fixo unha pausa, para ensinarlles ós rapaces o debuxo que fixera do paxaro.-faloulles. Cun ton de voz que ninguén coñece. Era unha voz máxica, moi dulce, e simpática ó mesmo tempo! El díxolles, que pronto pasaría algo malo, moi malo. Ambos o creron. O rapaz era máis pequeno que a rapaza, e ela foino abrazar para que non se sentise só-e como se lle lesen a mente á profesora, abrazáronse entre eles con auténtico cariño, pois eran compañeiros ecompartían ideais. sabela sorriu ampliamente, o que fixo que todos eles lle devolvesen o sorriso mentres unha parella, que parecían irmáns (pero só eran amigo e amiga), facían rir con muecas para aliviar esa tensión tan extraña.-Despois de que o avión marchase voando, o rapaz foi mirar á rama onde estivera, , e había unha especie de polvo...
-Polvo de fadas!
-Exactamente!-a profesora levantouse e sacou do caixón máxico un montón de pequenas chucherías, que repartiu entre todos, para que aprendesen a compartir-Sabedes como se chamaban estes dous?-esperou moi pouco tempo-Ahá! Ese caramelo é para mín, que só o sei eu.-guiñoulles un ollo e seguiu contando- Ela era Caterina e el Pablo-escolleu os nomes a conciencia, non tiña ningún deses na clase, e así atendían sen sentirse protagonistas.-Ese día durmiron xuntos, mortos de medo. O polvo acariciara as mans dos dous, e non notaran nada raro. Soamente desaparecera despois de tocalos a ambos.-elevou as cellas, para facelos rir de novo-Á mañá seguinte, no río comezou a haber unhas burbullas moi raras, así que fuxiron a unha cova que fixeran había moito tempo, alí tiñan a un raposo vermello que non falaba pero era moi bo con eles, traíalles a comida a cambio de vivir alí. Unha vez alí ocultos, e sen ver nada, as mans empezaron a brillarlle-de golpe apagou as luces, e nas gominolas puxera unha especie de polvo que se caera nas mans dos nenos, e brillaban como as do conto, a súa voz aumentou para chamar a súa atención- Exactamente así!-formouse unha exclamación no ambiente, e empezaron a rir e a mirarse as mans os uns ós outros; Sabela doulles tempo, encendeu unha lámpada de lava e á súa luz seguiu contando-Berros, enfrontamentos e máis berros! Iso é o que escoitaban alí dentro. Sabían que estaban destrozando o seu fogar, e para que non os visen, esconderon as mans baixo o cú-eles volveron a facer o que ela decía, a verdade é que se lle daba ben divertir ós rapaces-Así mesmo! Pero un golpe fixo que unhas pedras caesen na entrada, encerrándoos. Comezaron a verrar desesperados! Tiñan medo de que se acabase o aire. As mans estaban ó descuberto, e ó presionar as pedras, de forma máxica e coa forza de tódolos superheroes xuntos, abriron o inferno no que estaban con moitísima facilidade!-todos berraron: "Ben!", "Si, ánimo Cati, ánimo Pablo!" e cousas parecidas. Sabela acercouse unha bolsa que ninguén viu e seguiu falando-Resultou que fóra todos fixeran as paces! Pelexaran, e todo estaba destrozado, pero agora decidiran que a guerra era mala, e que a violencia só trae máis violencia. Así que estaban intentando arreglar o estropeado. Piratas! Eso eran, invitaron a Cati e a Pablo, disculpáronse e riron xuntos. Pola noite fixeron unha gran festa. Estaban todos, e as burbullas do río resultaron ser...sereas! Todos rían e estaban felices, e sabedes que berraban?-todos a miraban atenta-Voemos ó ceo!-e ó mesmo tempo lanzou confeti por toda a aula. Os rapaces rían, xogaban co confeti, co polvo brillante, comían máis gominolas, e lanzábanse, para xogar, os coxíns. A clase acabara, e as nais estaban xa na porta, Sabela foi abrir e os berros aumentaron cambiando de tono. Agora contaban que tiñan super forza, e que querían voar... Pronto só quedaron ela e a música. Tumbouse no chan e contemplou a lámpada. Ó mellor debía deixar de esconder as súas brillantes mans e botar a correr sen rumbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario